www.festivaldelaluz.es

Archivo del blog

miércoles, diciembre 5

ENTREVISTA A ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS


OPINIÓN SOBRE O EVENTO?
 
Pois é obvio, é un exemplo a seguir e tamén unha experiencia moi gratificante.
 
COMO FOI A TOMA DE CONTACTO, A PROPOSTA INICIAL DO PROXECTO? CONTACTARON CON VÓS, OU SODES VÓS QUEN CONTACTADES VOLUNTARIAMENTE COA PRODUCTORA?

Pois o inicio desta aventura comeza no inverno pasado, tomando contato co proxecto a través da cantante Vega. Ela foi que nos presentou o proxecto e a que nos transmitiu o desexo de que formásemos parte do cartel. Coa produtora soamente falamos para concretar temas ténicos e legais, de feito foi o último que se fixo. Non había dúbidas de que queríamos participar no evento. 

QUE APORTA ESTE EVENTO AO MUNDO DA MÚSICA E, EN PARTICULAR AO VOSO GRUPO PARA PARTICIPAR NEL?
 
Para a música significa algo moi importante, que é que un festival pode ser unha festa comunitaria, na que participen todos os veciños dunha vila, con público de todas as idades sentindo a música e  disfrutando de un festival. Para nós significa moito mais, representa que nos dan a oportunidade de colaborar coa Asociación Española Contra el Cáncer, significa ademais que podemos compartir cartel con artistas de primeirísimo nivel, e que voltamos a casa coa sensación de ser apreciados polo público de Boimorto, que finalmente era quen tamén merecía unha homenaxe.

PARTICIPÁCHEDES COMO VISITANTES NO MERCADO DA COSECHA?

Normalmente as actividades dun festival están previstas para o público, e desgraciadamente a nosa proba de son estaba xusto no medio do día. De todas formas a idea de que o festival estea orientado as actividades familiares e fantástica.

OPINIÓN SOBRE A ORGANIZACIÓN DO EVENTO?

Dende o punto de vista artístico foi unha organización moi boa, facendo fronte a moitos problemas que se presentaron, otorgando moitas facilidades para as probas de son e concedendo mostras de responsabilidade, suspendendo o segundo día de concertos. Parece unha cousa simple, pero non o é.
Como sempre houbo cousas que mellorar, nun evento ao que van 5000 persoas sempre hai algo que podería funcionar mellor, pero normalmente esta análise faise de un ano para o seguinte. Probablemente o feito máis criticado era a inmensa cantidade de xente que quedou sen entradas, e iso sendo algo negativo, é de efeto moi positivo, porque deixa ben claro que a organización preferiu manter a comodidade e tranquilidade dun evento máis modesto fronte a unha masificación que significaría o empobrecemento da experiencia do público.

QUÉ PERCEPCIÓN TENDES SOBRE O CONCELLO? ESTABA PREPARADO PARA O EVENTO?INFRAESTRUCTURAS, SEÑALIZACIÓN, SERVIZOS...?

Para nós a experiencia foi positiva. Chegamos pola estrada de Ordes, que está moi ben, acedemos ao parking sen problemas e entramos á área de descarga de material perfetamente. Dos posibles problemas nin nos decatamos. De feito non temos noticias de que houbese queixas do público.

CÓMO FOI A ACOLLIDA E RESPOSTA DOS CIDADÁNS QUE SE ACHEGARON AO EVENTO?

Evidentemente un festival benéfico que esgota entradas e que ten uns artistas de tal categoría é unha festa desde o inicio. Esa era a sensación.

CREEDES QUE O PROXETO É VIABLE COMA PARA FACER VINDEIRAS EDICIÓNS?
 
Probablemente este punto o deberían respostar os promotores, neste caso Luz Casal e Vega. Supoño que a viabilidade de este proxecto non está directamente relacionado coa rendabilidade. Hai que pensar que o traballo da AECC non ten precio, e que a aportación de este concerto signifca máis o recoñecemento ao seu traballo que o valor económico aportado. 

REPETIRÍADES A EXPERIENCIA?

Por suposto, mañá mesmo. Os valores transmitidos e a implicación de todo o equipo de produción con Luís Tosar ao fronte, dando a cara por unha boa causa o merecen. Das promotoras non hai nada que dicir, xa que foron excepcionais e se houbese unha segunda edición, nos gustaría participar dalgunha forma.

DOUSE LUGAR A UN POSTO DE MERCHANDISING DOS GRUPOS A ACTUAR DENTRO DO MERCADO DE "LA COSECHA"?

Nós tiñamos depositado no posto do festival o noso merchandising e os beneficios das ventas foron directamente xestionados pola productora do festival, que se encargou de canalizalos á AECC. O xeito exacto de canalizalo non o podemos precisar porque supoñemos que a contabilidade non distingue entre euros de entradas e de camisetas, pero si que houbo tal idea.


PÁXINA OFICIAL DO GRUPO: http://www.eladioylosseresqueridos.es/

Pablo Ponte Rodríguez







4 comentarios:

  1. Estupendo grupo y estupenda entrevista! Desde luego, un gran acierto por parte de la cantante Vega querer incluirlos en el cartel del Festival de la Luz, porque seguramente hayan tenido un gran tirón! Enhorabuena por conseguir la entrevista, muy interesante.
    Noa Martínez Hevia

    ResponderEliminar
  2. Muchisimas gracias Noa. Nos alegremos que te gustara, porque la verdad con grupos españoles como este es un placer pedirles que nos ayuden, porque sabemos que colaboran.
    Pablo Ponte Rodríguez

    ResponderEliminar
  3. Paréceme moi interesante que poidésedes contactar cun dos grupos que participaron no festival para poder contar cunha opinión que provén do corazón do mesmo, e non limitarnos así á visión que temos nós dende fóra! Mais a maiores de estas entrevistas feitas, tedes pensado orientar algunha entrada cara as novas actividades do eido rural??
    Parabéns polos vosos esforzos e os vosos resultados!

    Andrea Carrera

    ResponderEliminar
  4. Gracias Andrea, nos alegra ver que nuestra investigación gusta a la gente. Pues la verdad si que tenemos pensando poner alguna entrada sobre el Mercado de la Cosecha, que fue otra iniciativa propuesta dentro del Festival de la Luz, en donde los agricultores o ganaderos entre otros, podían mostrar sus productos y venderlos.
    Pablo Ponte Rodríguez

    ResponderEliminar