www.festivaldelaluz.es

Archivo del blog

viernes, enero 18

Conclusións da investigación


O tempo pasa e xa hai máis de 3 meses que nos puxemos á fronte da investigación, cuxo obxectivo era coñecer como se pode revitalizar o mundo rural con novas actividades, como cunha das maiores afeccións dos compoñentes de Conciencia Xeográfica, a música.

O primeiro que fixemos foi un proceso de documentación bibliográfica e investigación acerca do Festival de La Luz, posteriormente realizamos entrevistas cada unha das partes implicadas no evento como o Concello de Boimorto, promotores, músicos e xente da pé. Tristemente moitas destas entrevistas non puideron ser colgadas porque non temos as contestacións aínda que se mantivemos relación cos artistas a través das redes sociais. Finalmente o 14 de Novembro viaxamos ata a localidade de Boimorto, onde puidemos coñecer diversas opinións do Festival.

Nun pequeno resumo sobre este evento se podes destacar dous bloques:

. Bloque do Festival de La Luz e Mercado de La Cosecha:
- Benéfico, o concello contaba cun presuposto de 50.000 euros para este fin.
- Grande éxito de participación, con máis de 7.000 asistentes, polo que xa se está a preparar unha segunda edición.

. Bloque do Medio Rural
- Loita constante do municipio por darse a coñecer e dar vida a un territorio practicamente rural. 


Finalmente no apartado de conclusións podemos destacar:
- A creación dunha Asociación de Agricultores na zona, ata agora inexistente.
- A posta en marcha de promover unha marca do produto de orixe, para proxectar cara ao exterior o Mercado de La Cosecha, con produtos orixinarios da zona.
- Promover o municipio, con rutas turísticas e gastronómicas, provocando así máis actividades económicas, á parte do festival e que dean unha nova oportunidade ao medio rural de ter un futuro prometedor.


Foi un pracer realizar esta investigación, dentro da materia de Espazo Rural e Desenvolvemento Local, e por suposto o blog seguirá aberto e a busca de novas actividades no mundo rural seguirá aberta.

CONCIENCIA XEOGRÁFICA

No hay comentarios:

Publicar un comentario