www.festivaldelaluz.es

Archivo del blog

martes, enero 8

FERIA MEDIEVAL DE MONTEFRÍO


Na provincia de Granada, na Serra de Paranpanda, os días 26 e 27 de Maio do 2012, a localidade de Montefrío transfórmase nunha vila medieval para celebrar a súa feira medieval que coincide coa Festa do Raio, ten carácter solidario e os seus beneficios dóanse ao Banco de Alimentos de Granada.

O evento é organizado pola Asociación Cultural FORUMMONTEFRÍO, co respaldo da Deputación de Granada, o Padroado Provincial de Turismo de Granada, unha vintena de concellos e o patrocinio do Centro Gastronómico Andaluz de Montefrío "Convento de San Antonio", para potenciar o municipio e realizar outras actividades no mundo rural que non sexan as que sustentan á maior parte da poboación, é dicir a agricultura e a gandaría. Deste sector primario derívase a pouca industria láctea, produtos derivados da oliva e cárnica.

A localidade nestes días duplica a súa poboación, beneficiando a toda a bisbarra e ás familias máis desfavorecidas, xa que se van ver favorecidas cos beneficios obtidos, debido á súa participación.

A pesar da súa longa historia, as súas orixes datan do Neolítico ser declarado conxunto histórico - artístico en 1982 e unha das 7 marabillas de Granada, perdeu poboación e non recibe o turismo doutros pobos lindantes.

Polo tanto, é favorable a celebración destes eventos? potencian realmente o municipio e mantéñeno no mapa ou polo contrario vólvese lugares de paso?

Localidade de Montefrío
Pablo Ponte Rodríguez.

2 comentarios:

  1. Eu opino que si é favorable a realización destes eventos para potenciar o desenvolvemento de calquera espazo rural, pero se non xorde dunha boa xestión e planificación que cree o interese dos visitantes, como dis na pregunta, convertiranse en lugares de paso! Fai falta un bo "marketing", creando estratexias que poñan en valor o espazo rural.

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias por tu visita y comentario Begoña. Desde luego opino como tu, si detrás de estas actividades no hay unas personas que llevan una buena gestión y planificación en los eventos, tristemente todo el esfuerzo no servirá para nada.

    Pablo Ponte Rodríguez.

    ResponderEliminar