
Por qué en setembro? Elíxense esas datas porque é a época que representa o final da colleita, que os participantes ademais de comprar, que puideran mostrar os seus produtos, produtos que serían o máis naturais posibles. A xente da comarca mostrouse reacia e non se deu aportado o que se pediu e entón entran en xogo empresas como Gadis. Realmente isto resulta rendible para os pequeños agricultores? Probablemente resultase máis competitivo si se crearan asociacións e non se competise tanto individualmente.
Qué se espera de futuras edicións? Preténdese que o Mercado de La Cosecha teña un 80% de protagonismo no Festival. Intentar conxugar os dous aspectos principais do festival: a música e o Mercado. Ao ser benéfico resulta máis atractivo porque o custo das entradas é menor, ao contrario do que sucede por exemplo en Silleda, que está en decadencia polos altos custos de manter un posto de exposición.
Ángeles Piñeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario